Portada > Actualidad > Laracha dispoñerá de máis zonas peonís e prazas de aparcadoiro

Laracha dispoñerá de máis zonas peonís e prazas de aparcadoiro

Fase final das obras da Avenida Fisterra en Laracha.

Fase final das obras da Avenida Fisterra en Laracha.

As obras de construción do trazado das beirarrúas da Avenida Fisterra están na súa fase final.

Estes novos 1.270 metros lineais de beirarrúas (dous tramos de 305 e 330 metros de lonxitude, a ambos lados da calzada) xa están realizados e abertos ao tránsito dos peóns, polo que xa é posible discorrer a pé ininterrompidamente desde a zona de Cillobre ata o punto de confluencia de estrada AC-552 (Avenida Fisterra) coa rúa Eusebio Bértoa Queijo.

As obras que se están a acometer agora e coas que se darán por rematados os traballos son as referidas á consolidación dos arcéns. Estas áreas quedarán acondicionadas para o estacionamento dos vehículos e tamén para albergar as paradas dos autobuses fóra da zona de circulación dos automóbiles.

Este proxecto está a humanizar una das zonas urbanas de maior densidade de poboación de todo o Concello de Laracha, e a aumentar a seguridade viaria ao separar aos peóns da área de tránsito dos vehículos. Estas medidas crearán máis prazas de estacionamiento público e beneficiarán o comercio local da zona, facendo máis cómodo o desprazamento a pé dos veciños e visitantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *