miércoles, abril 25, 2018
Portada > Actualidad > A Laracha apoia a Carta de Accesibilidade e o Plan de Acción para promover o Turismo inclusivo

A Laracha apoia a Carta de Accesibilidade e o Plan de Acción para promover o Turismo inclusivo

Turismo accesible A Laracha

O turismo é un importante motor económico para o Concello da Laracha quen mostra o seu apoio a Turismo de Galicia e á Conferación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na promoción do turismo inclusivo.

Deste xeito, o Concello apoia tanto a Carta de Accesibilidade como o Plan de Acción impulsados por ambas institucións no marco do proxecto europeo “SABER Universal”.

A iniciativa céntrase en fomentar o turismo que garanta a igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal, especialmente nos camiños europeos de peregrinación.

O punto de partida foi recoñecer os problemas e os condicionantes aos que se enfronta o colectivo das persoas con diversidade funcional, recollidos nunha carta de manifestacións relativas á necesidade da mellora da oferta turística. A partir deles deseñouse o Plan de Acción que é preciso desenvolver para alcanzar os obxectivos previstos.

O contido da Carta de Accesibilidade e do Plan de Acción é o resultado das catro mesas de traballo desenvolvidas na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo nas que se involucraron as administracións públicas, o sector privado e as entidades que representan ás persoas con diversidade funcional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *