Portada > Actualidad > Jardinería Arce faise co novo contrato de servizo de mantemento das zonas verdes municipais

Jardinería Arce faise co novo contrato de servizo de mantemento das zonas verdes municipais

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha, reunida o 11 de outubro (2018) en sesión ordinaria, acordou adxudicar o novo contrato do servizo de mantemento das zonas verdes municipais á empresa Jardinería Arce.

Faise despois de que o pasado 20 de setembro a Mesa de Contratación clasificase as 5 ofertas presentadas.

Este contrato inclúe en total 48 ámbitos que alcanzan unha superficie conxunta superior aos 90.000 metros cadrados. Trátase das principais áreas recreativas e de descanso das parroquias, así como das prazas e parques públicos dos núcleos urbanos, os paseos fluviais e o marítimo de Caión e as contornas dos edificios e instalacións municipais.

O ámbito de actuación que contemplan os novos pregos é maior que nos anteriores debido á creación por parte do Concello de novas áreas verdes públicas nos últimos anos.

Os servizos que deberá prestar a empresa adxudicataria serán os necesarios para o continuo mantemento en perfecto estado botánico e ornamental destes espazos públicos, realizando traballos referidos á conservación do seus trazado, setos, xardineiras, perfilado do céspede, mantemento das instalacións de rego, sega, resembrado, escarificado, podas das árbores e arbustos, abonado, entrecavado, tratamentos fitosanitarios e aplicación de herbicidas.

A duración do contrato é de un ano con posibilidade de prórroga ata un máximo de tres anos. O servizo supón un gasto para o Concello da Laracha de 89.131,78 euros por cada unha das anualidades.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *