Portada > Actualidad > IV edición “A Laracha de tapas”, todas a 1,50 euros

IV edición “A Laracha de tapas”, todas a 1,50 euros

A cuarta edición da ruta A Laracha de tapas celebrarase do venres 10 ao domingo 12 de agosto de 2018  co obxectivo de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio.

O rexedor municipal quere agradecer a participación e excelente acollida do sector hostaleiro nesta iniciativa municipal, do mesmo xeito que sucedeu en anteriores edicións. López Varela considera que esta é unha boa oportunidade “para que a xente coñeza os produtos e as posibilidades que ofrece a hostalería larachesa”, así como “para crear dinamismo e sinerxias con outros sectores polo movemento continuado de persoas que sempre se produce nestes eventos”. Por iso tamén considera a ruta de tapas como “un importante reclamo turístico”.

Estes locais ofrecerán tapas orixinais ao prezo único de 1,50 euro:.
– Hotel-Restaurante ABC: Grelos con ameixas á mariñeira.
– Café Bar Aqua: polo ao curry con arroz e verduras.
– Breizh Cafetería: Dame Blanche
– Café-Bar Esmorís: Garavanzos con mexillóns en salsa de lagostinos.
– Café-Bar Guadalupe: Guadalitas Barbecue
– Manhattan Skyline: Delicias do mar con espaguetis de cabaciña.
– Café-Bar Mariño: Papas con polo en salsa de pimentón.
– O Noso Café: Trío de sabores.
– Cervexaría O Trasno: Tosta de cocido.
– Café-Bar Os Catro Camiños: Empanadillas con pementos de padrón
– Bar Sandra: Mariscos ao picante.
– Bar Sara: Endivias recheas.

Estas creacións, que contan canda menos con un produto autóctono galego de calidade entre os seus ingredientes, estarán a disposición do público o venres día 10 en horario de tarde-noite (de 19:00 a 00:00 horas) e o sábado e o domingo, tanto en horario de mañá (12:00 a 15:00 horas) como de tarde e noite (19:00 a 00:00 horas).

A Laracha de tapas conta con dúas categorías de galardóns. O premio do xurado popular á mellor tapa está dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes. Cada establecemento terá a disposición do público urnas pechadas e as papeletas para emitir as votacións, que deberán estar debidamente cubertas e contar co selo de tres locais, xa que para votar é imprescindible ter degustado tres tapas diferentes. Todos os votos válidos entrarán no sorteo dos regalos doados por Adegas Carballo, Prolimbe e os establecementos participantes no concurso.

A categoría do xurado profesional contará cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). Os seus membros, seleccionados polo Concello, acudirán identificados a cada local para degustar as tapas, valorar e seleccionar as mellores creacións.

Haberáun mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Tamén haberá un tren turístico o venres e o domingo que realizará continuamente unha ruta entre os locais que forman parte do concurso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *