Portada > Actualidad > Inversións en seguridade viaria

Inversións en seguridade viaria

No Concello da Laracha estanse executando unha serie de actuacións dirixidas a mellorar a seguridad viaria mediante a sinalización horizontal e vertical en diferentes puntos dos cascos urbanos da capital municipal, de Paiosaco e de Caión.

O propósito destes traballos é aumentar a seguridade viaria ao resaltar as marcas viarias en determinadas interseccións e colocar novos indicadores, así como mellorar a ordenación dos espazos destinados a aparcamento de vehículos.

Este é o motivo da actuación principal no núcleo urbano da Laracha, que afecta ao espazo público fronte o acceso principal ao IES Agra de Leborís, onde a actuación consiste no marcado das prazas de estacionamento e as zonas excluídas ao tráfico (cebreado). Tamén na capital foron repintados pasos para peóns.

En Caión os traballos céntranse na zona da Ínsua, incluíndo tamén os aparcamentos públicos e as marcas viarias como os cebreados.

E en Paiosaco as actuacións, xa rematadas, afectaron a pasos para peóns nas travesías da Avenida Bergantiños e tamén nas marcas viarias dun sector do recinto feiral.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *