sábado, julio 21, 2018
Portada > Actualidad > Horario oficinas turísticas da Laracha e Caión

Horario oficinas turísticas da Laracha e Caión

O Concello da Laracha lembra que as dúas Oficinas de Información Turística están operativas en horario de mañá e de tarde para ofrecer todo tipo de información a visitantes sobre os principais atractivos turísticos do  municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

No edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60) o servizo está dispoñible para o público en xeral de martes a venres de 9:00 a 13:30 horas.

A Oficina de Información Turística de Caión (antiga Casa Reitoral, xunto á praza Eduardo Vila Fano) está aberta de martes a venres de 15:30 a 18:30 e os sábados en horario de mañá (9:00 a 13:30) e de tarde (15:30 a 18:30).

Ambas instalacións están atendidas por persoal técnico especializado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *