Portada > Actualidad > Gran aumento da reciclaxe nos colectores amarelos da Laracha

Gran aumento da reciclaxe nos colectores amarelos da Laracha

Foto: Faro de Vigo

Foto: Faro de Vigo

Os veciños da Laracha cada vez reciclan máis. Desde setembro ata decembro o material recollido dos colectores amarelos incrementouse un 56%,se o comparamos co mesmo periodo do 2013. O incremento coincide coa instalación no municipio de 200 novos colectores amarelos a finais do pasado verán.

Grazas á colaboración da veciñanza estase a reducir a carga de lixo que se transporta á planta de Sogama para o seu tratamento, ademais de respectar o medio ambiente a través da separación dos residuos.

Non obstante o servizo continúa a ser deficitario. O Concello da Laracha explíca que isto se debe a conxelación dos recibos nos últimos anos e, por outra banda, o mal uso dos colectores que se rexistra en determinados puntos do termo municipal. Neste sentido, o Concello lembra que os restos vexetais procedentes de limpezas de fincas particulares non son residuos urbanos e, por tanto, non poden depositarse nos colectores. A Policía Local ten orde de investigar situacións destas características e impoñer as correspondentes sancións económicas aos responsables das mesmas.

No ano 2014 o Concello da Laracha recolleu, transportou e xestionou un total de 3.730 toneladas de residuos sólidos urbanos depositados nos colectores xenéricos e case 70.000 quilos de plásticos e envases dos colectores amarelos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *