viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O Goberno inviste 600.000 euros nas instalacións deportivas municipais

O Goberno inviste 600.000 euros nas instalacións deportivas municipais

Obras pavillón IES Agra de Leborís

O Concello da Laracha está a promover e financiar integramente con fondos propios unha actuacións en instalacións deportivas de titularidade municipal co obxectivo de reforzar a seguridade dos usuarios e
mellorar os equipamentos.

Os proxectos que xa están concluídos son o de construción dos vestiarios no pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha e a creación da pista multideportiva no parque Maximino Canedo, tamén na capital municipal.

 

Reforzo da seguridade
No pavillón do IES estase a reforzar a seguridade na bancada coa instalación dunha nova
barandilla de protección para o público.  Actuacións de similares características realízanse no pavillón Municipal da Laracha e no do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, instalacións nas que tamén se mellorará a seguridade no relativo á prevención de incendios.

Ademais, tanto o campo de fútbol Municipal da Laracha como A Porta Santa de Paiosaco serán obxecto de proxectos de similares características, contemplándose a substitución das barandillas das bancadas, a instalación novos de banquillos e a dotación con marcadores electrónicos.

O pavillón municipal de Xermaña, en Caión, xa fora obxecto dunha intervención durante o pasado verán para renovar a cuberta na que se investiran outros 70.000 euros. Agora mellorouse o seu aspecto co repintado das
paredes exteriores. Tamén está en fase de contratación o proxecto de cambio de céspede artificial do campo
de fútbol A Porta Santa de Paiosaco (222.000 euros) e está previsto no orzamento municipal deste ano a construción dunha pista multideportiva xunto ao IES Agra de Leborís (80.000 euros); nos próximos días serán instalados dous novos parques biosaudables nos cascos urbanos da Laracha e de Caión (24.000 euros).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *