Portada > Actualidad > Galicia, pioneira na creación dunha central de compras e contratación

Galicia, pioneira na creación dunha central de compras e contratación

Pleno na Diputación de A Coruña. Imagen de www.elidealgallego.com/

Pleno na Diputación de A Coruña. Imagen de www.elidealgallego.com/

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o 27 de xuño a posta en marcha dunha central de compras e contratación pioneira en Galicia á que poderán adherirse voluntariamente todas as entidades locais da provincia que o desexen.

Con isto se buscan tres grandes obxectivos: aforrar custos a través de contratacións centralizadas; simplificar a tramitación na contratación de obras, subministros, bens ou servizos; e obter unha ferramenta útil para as entidades locais con menos recursos materiais e personais.

Este servizo que ofrece a Deputación será gratuíto para as entidades locais e, segundo explicou Diego Calvo, titular provincial, estase a buscar unha redución “significativa” nas compras tanto para os concellos como para a Deputación.

“Isto que aprobamos hoxe é algo máis que unha central de compras ao uso, xa que estamos a falar dunha ferramenta e un instrumento básico para a administración, sobre todo polo aforro que suporá grazas ás economías de escala e porque ofrece total seguridade xurídica para os concellos”, explicou durante o pleno o deputado popular Carlos López Crespo.

Outro dos asuntos que se debateu no pleno foi o relativo aos convenios que a Deputación asina cos concellos de Santiago, Ferrol e A Coruña para o financiamento dos seus plans de competitividade turística.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *