Portada > Bergantiños > Finalizan as obras do CEIP Bergantiños

Finalizan as obras do CEIP Bergantiños

Visita do conselleiro  Xesús Vázquez Abad ó centro

Visita do conselleiro Xesús Vázquez Abad ó centro

O CEIP de Bergatiños xa está en condición de abrir as súas portas despois dunha reforma de case 1,14 millóns de euros.  A inversión dotou o centro dunha nova construción, situada na mesma parcela do colexio, que acolle ao novo aulario. Este espazo esta dividido en 9 aulas dispostas arredor dun patio-xardín cuberto con aseos para nenos, aseo e sala de profesores, un aula de usos múltiples e psicomotricidade, así como as zonas de acceso e almacenamentos. Esta nova construción poderá albergar ata 225 estudantes e esta pensada para dar unha mellor resposta as necesidades tanto dos usuarios do centro tanto alumnos coma docentes.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou o pasado 18 de marzo o centro e asegurou do seu funcionamento  “que podería comezar case de xeito inmediato, pero que en principio está previsto, segundo decidiu a dirección do colexio, que sexa para o curso 2014-2015”. Neste senso, recordou que “a Consellería continuará a traballar e dotará esta instalación mobiliario preciso
que suporá un investimento superior aos 26.000 euros”. Xesús Vázquez tamén visitou a biblioteca do centro, que está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), así como a aula dixital coa que conta o centro. Unhas instalacións e equipamentos que nestes momentos benefician as preto de 600 alumnos que están matriculados no CEIP Respecto do número de profesionais docentes do CEIP Bergantiños, Vázquez Abad explicou que ”polo de agora non está prevista a dotación de novo persoal, xa que nestes momentos o profesorado sería suficiente para atender as necesidades do alumnado”. O Conselleiro subliñou que a ampliación está deseñada para cubrir as necesidades do colexio “a medio e longo prazo”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *