viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Festa de clausura do campus de Minibasket

Festa de clausura do campus de Minibasket

No pavillón municipal da Laracha celebrouse estes día de agosto de 2018, a clausura da primeira edición do Campus de Minibasket Concello da Laracha. O acto de clausura contou coa presencia do alcalde José Manuel López Varela, membros da directiva de Escola Basket Xiria e o coordinador da EBX de Laracha, Roi Vega.

O campus celebrouse durante a primeira quincena do mes de agosto en horario de mañán e nel participaron 20 rapaces de Laracha con edades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

As actividades celebradas tiveron como elemento integrador o baloncesto pero cunha metodoloxía a través de xogos que permitiu mellorar a técnica individual e favorecer habilidades como a psicomotricidade, o compañerismo e o esforzo por mellorar.

O campus contou coa presenza de tres adestradores: Roi, Sito e Basilio que conseguiron facer que os adestramentos foran productivos e divertidos.

A última xornada do campus de minibasket, ademáis dos rapaces, sumáronse nais e pais os adestramentos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *