Portada > Actualidad > Experiencias compartidas entre o GALP Costa da Morte e os GALPs Croatas

Experiencias compartidas entre o GALP Costa da Morte e os GALPs Croatas

Unha representación do GALP Costa da Morte ven de desenvolver unha visita o Grupo Istarska Batana situado na península de Istria en Croacia. Participaron a Confraría de Caión e Corme, Redeiras O Fieital e Illa da Estrela, Mariscadoras do Anllóns, Asociación Cultura PX Ponte do Porto e os Concellos de Cabana de Bergantiños e A Laracha.
Na visita deronse a coñecer proxectos e iniciativas innovadoras que se están levando a cabo neste territorio, coma, Cromaris, empresa líder de acuicultura especializada no cultivo e procesado de peixe, destacando a robaliza, dourada e mariscos, Tunana Fishing, empresa de Pesca Turismo en Altura, Hook and Cook, un restaurante propiedade de Pescador entre outras.

O venres 5 de outubro (2018), co resto dos GALPs Croatas, realizaron unha xornada de Boat Trip para tratar temas comúns de diversificación e traballo en rede.

O Sábado 6, participaron na xornada de presentación “Do Mar á Mesa”, proxecto piloto no que o Grupo Istarska Batan leva traballando 3 anos, centrado na conexión e a creación de redes, especialmente entre os pescadores, os propietarios de restaurantes e establecementos de produtos da pesca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *