viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Excursión a Mondoñedo e Ribadeo

Excursión a Mondoñedo e Ribadeo

O Concello da Laracha organiza unha excursión ás localidades luguesas de Mondoñedo e Ribadeo dirixida ás persoas maiores, xubiladas ou pensionistas do municipio.

Trátase dunha proposta lúdica, recreativa e cultural que se marca como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer deste colectivo e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.

A excursión terá lugar durante a xornada do xoves 19 de xullo, estando a saída dos autobuses prevista para as oito da mañá desde a A Laracha.

O primeiro punto de destino é Mondoñedo, onde os participantes realizarán unha visita guiada pola vila e afondarán no coñecemento da arte de labrar e traballar a pedra nun obradoiro de cantaría. Despois do xantar, desprazaranse ata Ribadeo para disfrutar dun paseo en barco pola ría.

O prezo público desta actividade é de  vinte euros, que inclúen o transporte, o xantar e todas as actividades que se desenvolverán ao longo da xornada.

As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscrición no departamento de servizos sociais do Concello da Laracha (novo edificio administrativo). As prazas son limitadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *