lunes, agosto 20, 2018
Portada > Actualidad > Este fin de semana, “Caión a bocados”

Este fin de semana, “Caión a bocados”

Desde hoxe venres 8 de xuño de 2018 e ata o domingo celebrarase a primeira ruta de tapas “Caión a Bocados”, unha iniciativa organizada polo Concello da Laracha e da que forman parte seis cafeterías e restaurantes desa localidade costeira.

Durante as tres xornadas despacharanse tapas elaboradas con produtos do mar ao prezo de un euro e, ademais, en todos os locais ofrecerase acompañalas con copas de viño albariño (Alba) ou rioxa (Arienzo) por outros dous euros.

As elaboracións, que estarán dispoñibles o venres (de 20:00 a 23:30 h) o sábado (de 12:30
a 14:30 e de 20:00 a 23:30 h) e o domingo (de 12:30 a 14:30 h), son as seguintes:

Café-Bar Zarra: Empanada crocante de berberechos.

Restaurante O Muiño: Caldo mariñeiro de fideuá con marisco

Restaurante Porta Caeli: Chupito de gazpacho de sandía e xarda mariñada.

Parrillada Restaurante Beiramar: Cola de gambón sobre cama de ovo.

Café Asteria: Paté artesán de centolo.

Furna Atlántica: Tosta de sardiña afumada con tomate e queixo de Arzúa.

Para amenizar as xornadas, o venres e o sábado haberá ruadas nocturnas a cargo da
Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e o domingo a mediodía, teatro de rúa na praza Eduardo Vila Fano con Saaabor!, un espectáculo familiar da compañía Culturactiva e protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez.

 

 

Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras, que serán 6 ceas para dúas persoas nos locais participantes, doce lotes de dúas botellas magnum (Bodegas Carballo), unha cesta de produtos de limpeza (Prolimbe), un bautismo en pádel surf para dúas persoas (Golfiño Actividades Náuticas), dúas botellas magnum (Viños Tano), un queixo puro de ovella (Armando Silva e Hijos, S.A.) e un bautismo en surf para dúas persoas (Caión Surf House).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *