Portada > Actualidad > Empregados de Celsa Atlantic donan as súas cestas de Nadal a veciños da Laracha

Empregados de Celsa Atlantic donan as súas cestas de Nadal a veciños da Laracha

celsaO Concello da Laracha distribuye, entre familias do municipio con baixos recursos económicos, as 22 cestas de Nadal que foron doadas polos empregados da planta de Lendo da empresa multinacional española Celsa Atlantic.

A iniciativa solidaria xurdiu do comité de empresa da factoría situada no parque empresarial larachés. Tal e como explicou o seu presidente, Toni Porteiro, a raíz das reunións dos traballadores con motivo da negociación do expediente de regulación de emprego temporal, falouse tamén da delicada situación económica de moitas familias da Laracha e de Carballo, precisamente os municipios nos que residen a maioría dos empregados da fábrica. A proposta foi amplamente respaldada polo persoal de Celsa Atlantic, en total sumaronse a esta iniciativa uns 60 traballadores.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *