martes, junio 19, 2018
Portada > Actualidad > O día internacional da muller, o Concello desenvolve unha programación específica nos servizos municipais de conciliación

O día internacional da muller, o Concello desenvolve unha programación específica nos servizos municipais de conciliación

 

concello da Laracha

O Concello da Laracha visibiliza hoxe, 8 de marzo de 2018, o Día Internacional da Muller con iniciativas que se poñen en marcha baixo a coordinación do Centro de Información ás Mulleres (CIM), dependente da Concellería de Muller.

Na Casa do Concello e na entrada do edificio de usos administrativos hai pancartas conmemorativas sobre o 8 de marzo.

Ademais, nos dous principais servizos municipais de axuda á conciliación da vida persoal e laboral, que se ofrecen a través do programa Harmoniza ás familias con nenos de entre 3 e 12 anos de idade ao seu cargo, nestes días estanse a desenvolver actividades específicas de visibilización do Día Internacional da Muller.

A programación de Madrugadores céntrase na educación para o ocio, a convivencia, a igualdade e a corresponsabilidade, ademais da romoción dos bos hábitos sociais e saudables.

Na aula lúdica municipal este programa específico estase a desenvolver desde o pasado luns e ata o venres 16 de marzo co título ‘Pídome Igualade’. Durante esta quincena cada día se está a dedicar a resaltar a figura de mulleres ilustres de todas as épocas quedestacaron en campos da importancia da literatura, a política, a ciencia e o activismo, como son Cleopatra, Xoana de Arco, Emilia Pardo Bazán, Marie Curie, Indira Gandhi, Eva
Perón, Carmen Martín Gaite, Benazir Bhutto, Malala e Emmeline Pankhurst. Tamén se inclúe proxección de curtametraxes, sesións de contacontos e xogos e actividades sobre a mesma temática.

O Concello da Laracha está sensibilizado coa procura da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e coa loita contra a violencia de xénero, e así se reflicte no día a día da actividade municipal.

Grazas a ese labor continuo, nos últimos anos o Concello da Laracha obtivo recoñecementos no ámbito autonómico e estatal (por parte da Xunta de Galicia, a Femp e o Ministerio de Igualdade), considerando que tanto o servizo de axuda á conciliación que se ofrece na aula lúdica como o excelente funcionamento da Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero son referentes en toda España para municipios do mesmo estrato poboacional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *