Portada > Actualidad > Descontos no canon da auga para familias numerosas

Descontos no canon da auga para familias numerosas

imglarachaNo departamento de servizos sociais do Concello da Laracha as familias numerosas que teñan recoñecida tal condición pola Xunta de Galicia poderá tramitar as súas solicitudes para beneficiarse da dedución do 50% no canon da auga. Para solicitalo, a persoa que figure como titular no título de familia numerosa deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • O enderezo para o que se solicita a dedución debe coincidir co enderezo en que se atopa empadroada a unidade familiar.

  • No caso de abastecerse a partir da entidade subministradora, o titular do contrato de subministro de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que ten domiciliado o pagamento da factura-recibo de auga en algunha conta bancaria da que sexa titular.

  • A dedución na cota por familia numerosa soamente poderá obterse na vivenda principal, sen que poida ser concedida nas restantes vivendas que poida ter calquera dos membros que constitúen a familia numerosa.

Unha vez concedida a bonificación por Augas de Galicia, a dedución terá afectos a partir do primeiro día natural do terceiro mes seguinte á presentación completa da solicitude.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *