jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Actualidad > Deputación e a USC elaboran un modelo que predí a expansión da vespa velutina en Galicia

Deputación e a USC elaboran un modelo que predí a expansión da vespa velutina en Galicia

Vespa volutina

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo unha reunión co equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolve un estudo sobre novos métodos de erradicación da vespa velutina, financiado con 137.000 euros pola institución provincial coruñesa.

Na xuntanza participaron o reitor da USC, Juan Viaño, a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, os responsables de I+D+i, Rogelio Conde-Pumpido e Eva Fabeiro, e os investigadores Xulio Maside e Luis Rodríguez. Na reunión tamén participaron, mediante videoconferencia desde o Campus de Lugo, os investigadores Ana Isabel García e Xesús Feás.

Valentín González Formoso afirmou que “A Universidade de Santiago e a  Deputación da Coruña están liderado a investigación e a busca de solucións a un problema de alcance europeo”. O presidente provincial explicou que os primeiros resultados dos estudos son “esperanzadores” e que “a ciencia galega pode estar dando a resposta a un drama que afecta tanto á economía coma a saúde pública”.

Pola súa banda, o reitor da USC, Juan Viaño, agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña para “este estudo pioneiro”, así coma o traballo dos investigadores “que xa está arroxando conclusións moi interesantes”.

 

Catro liñas de investigación

O equipo multidisciplinar de investigadores presentou as catro liñas de investigación nas que se está a traballar actualmente e as principais conclusións que arroxan os primeiros estudos.

A primeira destas liñas é o desenvolvemento dun novo biocida que poida ataxar a expansión das avespas asiáticas de forma ambientalmente segura. Actualmente, empréganse diversos produtos químicos ou métodos artesanais, que  poden supoñer un importante risco medioambiental tanto para as persoas como para outras especies. O obxectivo desta liña de investigación, na que xa se produciron algúns avances concretos, é a busca dunha substancia química que afecte exclusivamente á velutina e que poida portar no seu corpo para afectar ás colonias desta especie.

As probas experimentais do biocida estanse a levar a cabo na Facultade de Veterinaria, no Campus de Lugo, e no desenvolvemento dos traballos de campo tamén colabora a delegación de Ferrol da Asociación Galega de Agricultores (AGA).

Por outra banda, estase estudando a posibilidade de realizar un “combate biolóxico” contra a especie, que consiste en localizar un parasito autóctono que afecte exclusivamente ás velutinas, sen risco para a apis melifera, a abella común galega que é unha especie moi sensible.

Os investigadores descartaron a liña de buscar patóxenos da vespa asiática no seu lugar de orixe, no sudeste asiático ou en China, baseándose no debate científico existente na actualidade sobre a súa seguridade e eficacia.

O estudo permitíu a elaboración, por primeira vez en Galicia, dun catálogo de organismos susceptibles de afecter á vespa velutina sen provocar danos colaterias medioambientais. A investigación tamén levou á construcción do primeiro apiario experimental para o control da velutina existente na nosa comunidade.

Os científicos da USC defenderon que é necesario seguir investigando e consideraron que tanto a diversidade de prácticas artesanais existente para a elaboración de trampas ou troianos poden conlevar un risco mediambiental.

Outra das liñas de investigación consiste na análise da distribución xeográfica actual das vespas asiáticas, e o desenvolvemento dun modelo matemático, en base a cincuenta variables ambientais, que é capaz de predicir con grande exactitude a evolución das colonias. Neste sentido, os datos de 2016 permitiron construír un mapa da expansión da especie que se axusta aos datos existentes en 2017.

Este importante avance permitirá, entre outras cuestións, planificar os medios e os recursos e definir estratexias para aos concellos en función da maior ou menor presenza deste especie invasora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *