Portada > Actualidad > Creación de emprego

Creación de emprego

Na reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada 0 11 de xaneiro de 2018, acordouse solicitar a participación en tres convocatorias de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas á creación de emprego a través da prestación de servizos públicos municipais.

Por medio desta liña de axudas o Concello  pretende financiar parte dos gastos que supón contar con persoal técnico deportivo para o desenvolvemento de actividades ao longo de todo o ano, un técnico para atender as oficinas municipais de información turística de Caión e do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar e tamén o persoal do servizo municipal de normalización lingüística.

Na mesma Xunta local tamén se acordou acollerse á convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dirixida a mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas municipais dotándoas con novidades editoriais no idioma galego (DOG número 240 do 20 de decembro de 2017).

Esta liña de axudas vai dirixida exclusivamente a aqueles municipios integrados na Rede de Bibliotecas Públicas
de Galicia, á que están adheridas as da Laracha, Paiosaco e Caión.

Actualmente entre as tres bibliotecas municipais hai máis de 2.000 socios. Entre volumes, cómics e documentos audiovisuais cóntase cunha colección que se achega ás 15.000 unidades. Ademais das consultas que se realizan nas propias instalacións, no ano 2017 superáronse os 5.000 préstamos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *