Portada > Actualidad > Convócase un pleno extraordinario para aprobar a reforma da escola infantil A Galiña Azul

Convócase un pleno extraordinario para aprobar a reforma da escola infantil A Galiña Azul

O próximo xoves 22 de agosto terá lugar una sesión extraordinaria do Pleno da Corporación municipal da Laracha co único punto do día da aprobación da modificación da parcela da escola infantil A Galiña Azul. Unha vez aprobada, a Xunta de Galicia procederá á contratación para iniciar en poucas datas a obra, que terá un custe de 400.000€, dos cales o Concello da Laracha asumirá un 40% do pago.

As obras consistirán na reordenación e adaptación do ámbito para poder acometer a ampliación da escola infantil, sen alterar nin as características nin a superficie da parcela, de 4.636 m². Pero si permitirán aumentar a ocupación do terreo, cuestión imprescindible para a creación do novo edificio que conterá tres aulas e espazos educativos complementarios, creándose 41 novas prazas para unha capacidade total de 115 usuarios, nenos e nenas de ata tres anos de idade.

Ademais, o reaxuste das aliñacións establecen un incremento da anchura da rúa en beneficio dos espazos destinados a aparcamentos e accesos á instalación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *