Portada > Actualidad > Consulta popular na Laracha, Paiosaco e Caión para renombrar ou bautizar rúas e prazas

Consulta popular na Laracha, Paiosaco e Caión para renombrar ou bautizar rúas e prazas

O Concello da Laracha abre o venres 2 de novembro a votación da consulta popular para bautizar por primeira vez ou renomear un total de 36 rúas e 1 praza pública situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e de Caión.

A renovación dos rueiros das tres vilas está orixinada por diversos motivos, xa que certas vías carecen de nome, outras poden levar a confusión ao coincidir co topónimo de lugares ou parroquias do termo municipal, noutras darase ás agora coñecidas como travesías a condición de rúa e nun caso o cambio faise para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

Poden formar parte do cuestionario todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha e que teñen máis de 18 anos de idade.

Teñén de prazo para escoller as súas opcións favoritas ata as 23:59 horas do domingo día 18 de novembro.

Na web municipal está o cuestionario das votacións, un mapa para situar cada rúa e praza obxecto da consulta popular e un documento explicativo sobre as diferentes opcións propostas.

O cuestionario está estruturado en tres apartados.

O primeiro deles inclúe doce rúas nas que se propón dúas opcións distintas para votar, que son as seguintes:

– 1ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Maruja Mallo ou Rúa Fernando Álvarez de Sotomayor.
– 2ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Clara Campoamor ou Rúa Urbano Lugrís.
– 3ª Travesía Doutor López Astray (A Laracha): Rúa Isabel Zendal Gómez ou Rúa Ramón Cabanillas.
– Travesía da Avenida de Caión: Rúa Ponte da Balsa ou Rúa Rego das Bestas.
– 1ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa Carlos Casares ou Rúa da Braña.
– 1ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa Xosé Neira Vilas ou Rúa Manuel María.
– Rúa Carrero Blanco (Caión): Rúa do Pósito ou Rúa da Torre.
– 2ª Travesía Carrero Blanco (Caión): Rúa dos Percebeiros ou Rúa Laxe da Onda.

2ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano (Caión): Rúa das Baleas ou Rúa dos Arpoadores.
– Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa das Pías: Rúa Costa do Cuartel ou Rúa Costa do Pichón.
– Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa Luis Varela Curbera: Rúa do Lavadoiro ou Rúa do Río.
– Rúa de nova creación que se abrirá no Campo da Insua: Rúa Muíño do Vento ou Rúa dos Salgados.

O segundo apartado é para votar tipo referéndum (Si ou Non) a aceptación ou rexeitamento dos nomes propostos para as seguintes vinte e tres rúas e unha praza:

A Laracha
– 1ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa María Mariño.
– 2ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Valle-Inclán.
– 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Emilia Pardo Bazán.
– 1ª Travesía Santa Lucía: Rúa Ourense.
– 1ª Travesía Médico David Mallo Gómez: Rúa Enrique Muiño.
– Rúa Montemaior: Rúa Río Bradoso.
– Rúa Paiosaco: Rúa Río Acheiro.
– Bautizar a rúa entre a Avenida Fisterra e A Gándara como: Rúa Canta La Rana.

Paiosaco
– 2ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Cabana de Bergantiños.
– 3ª Travesía Avenida Bergantiños: Ponteceso.
– Bautizar a rúa traseira entre a 2ª e 3ª Travesías Avenida Bergantiños: Rúa Laxe.
– 4ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Malpica de Bergantiños.
– 5ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Coristanco.

Caión
– Bautizar a praza situada no final da Rúa do Carme, detrás da cetárea, como: Praza Punta das Ondas.
– 1ª Travesía Carrero Blanco: Rúa Argazo.
– 1ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Redeiras.
– 2ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Atadoras.
– 1ª Travesía Rueiro das Figueiras: Rúa das Traíñas.
– Bautizar a vía aberta na Avenida Méndez Núñez que coincide co final do Rueiro das Figueiras como: Rúa Hortas do Concheiro.
– 1ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano: Rúa dos Mariñeiros.
– 1ª Travesía San Roque: Rueiro de Leis.
– 2ª Travesía San Roque: Rueiro da Fonte.
– 3ª Travesía San Roque: Rueiro da Igrexa.
– Estrada As Salgueiras: Rúa da Praia.

Na terceira sección poderase votar por o cambio ou mantemento do nome da rúa San Martiño de Paiosaco, que podería levar a confusión ao coincidir co topónimo dun lugar da parroquia de Lestón.

A previsión é elevar ao Pleno ordinario do mes de novembro (que se celebrará o xoves día 29) os cambios nos rueiros en base aos resultados desta consulta popular. Farase xunto a outros seis nomes que se incorporan ao rueiro sen ser obxecto de votación, como paseo marítimo de Caión e a praza da Ribeira de Caión e, na Laracha, das prazas do Concello, O Recreo, Praza da Cultura (xunto á Casa da Cultura) e Praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *