Martes, Septiembre 19, 2017
Portada > Actualidad > Concello e a Agrupación de Protección Civil promoven o voluntariado xuvenil

Concello e a Agrupación de Protección Civil promoven o voluntariado xuvenil

A iniciativa, impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia está promovida polo Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Na xuntanza mantida na Casa Consistorial, ademais de asinarse a correspondente documentación e facer entrega do material, o Alcalde animou aos voluntarios a “aproveitar a oportunidade que se vos presenta”, xa que os programas de voluntariado “tamén ofrecen a posibilidade de formarse e abrir portas no ámbito laboral porque hai empresas importantes que valoran ter participado neste tipo de proxectos á hora de contratar persoal”.

Son 16 rapaces de entre 16 e 30 anos de idade os que forman parte dos dous apartados dos que consta o programa, que rematará a final de ano.

A través do Concello 8 mozos actuarán como persoal de apoio aos técnicos especializados na aula lúdica e nas actividades culturais e deportivas dos programas municipais. E os outros 8 mozos prestarán servizo á cidadanía a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil reforzando o equipo en eventos multitudinarios como, por exemplo, a feira de Paiosaco e as Festas dos Milagres de Caión.

En ambos casos os voluntarios estarán titorizados por técnicos especializados e recibirán a orientación, a formación e o apoio necesarios para o exercicio da súa actividade. Ao rematar a súa participación contarán cun certificado que acredite a súa colaboración no programa e recoñeza o seu valor social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *