lunes, mayo 21, 2018
Portada > Actualidad > O Concello convida a veciños de entre 8 e 17 anos ao Deportivo-Eibar

O Concello convida a veciños de entre 8 e 17 anos ao Deportivo-Eibar

Deportivo-Eibar

O Concello da Laracha convida a os veciños de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos a asistir ao partido da 27ª xornada da Liga de Primeira División que disputarán no estadio Municipal de Riazor o Deportivo de La Coruña e o Eibar o sábado 3 de marzo de 2018 a partir das 18:30 horas.

Os interesados deben reservar a súa praza de xeito gratuíto achegándose ao Concello ou chamando ao teléfono 981 60 50 01. Deberán acompañar a autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal.

O Real Club Deportivo de La Coruña cedeu 50 invitacións, froito do convenio entre o club de fútbol e o Concello da Laracha. O autobús partirá ás 17:30 horas desde a Praza do Concello e regresará despois do partido, en torno ás 21:30 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *