jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Deportes > Claudia Piñeiro, do C.P. Conxuro da Laracha, estrease con éxito en España

Claudia Piñeiro, do C.P. Conxuro da Laracha, estrease con éxito en España

A arteixana Claudia Piñeiro ten agora 10 anos

Claudia Piñeiro, do C.P. Conxuro da Laracha, estrease con éxito nos campeonatos de España de patinaxe.

O Pazo dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña, acolleu do 12 ao 14 de outubro os Campionatos de España de Patinaxe Artística das categorías alevín e infantil. Neste evento participou como representante do Club Patinaxe Conxuro da Laracha, Claudia Piñeiro.

Este evento,  no que se deron cita os mellores patinadores e patinadoras do ámbito nacional destas categorías, supuxo a estrea tanto para Claudia Piñeiro como para a súa adestradora Ana Martínez. A patinadora logrou o seu gran obxectivo, que era clasificarse para o programa longo do sábado tras rematar o xoves o programa curto no 21º posto. Finalmente concluíu a súa participación como 22ª clasificada –a segunda mellor galega- das trinta e sete participantes da categoría.

Dende o clube, móstranse moi satifeitas cos obxectivos conseguidos. “Estamos moi orgullosas desta experiencia en competición nacional, a primeira tanto no aspecto individual por parte da patinadora e da preparadora como no colectivo para a entidade”. Remarcan ademáis que “o nivel de todas participantes foi moi destacado e Claudia estivo á altura das circunstancias, defendendo á perfección o programa que levaba semanas adestrando”

A arteixana Claudia Piñeiro ten agora 10 anos. Leva sete, desde os 3 anos de idade, no C.P. Conxuro baixo a dirección técnica da súa adestradora Ana Martínez. Esta foi a súa primeira competición a nivel estatal mais no ámbito autonómico, Claudia Piñeiro acadou nesta tempada o 5º posto no Campionato Galego alevín. Un éxito que se suma aos xa conseguidos con anterioridade. Sendo benxamín acodou o segundo posto no Campionato Galego en 2015 e o primeiro no Campionato de Segunda Categoría en 2014.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *