lunes, mayo 21, 2018
Portada > Actualidad > Carmen Rodríguez celebra seu 101 aniversario

Carmen Rodríguez celebra seu 101 aniversario

Carmen Rodríguez García festexou o 27 de abril de 2018 o seu 101 aniversario.

Carmen neceu en San Cristovo (parroquia de Golmar) o 27 de abril de 1917. Viviu durante moitos anos no municipio de Oleiros ata que no pasado mes de xuño regresou ao Concello da Laracha para residir actualmente no lugar de A Calvela (tamén, en Golmar), nunha vivenda do matrimonio formado pola súa sobriña-neta, María Jesús Rodríguez, e o seu marido César Verdía.

O alcalde, José Manuel López Varela, e as concelleiras Rocío López e Cristina Vieites, felicitárona en persoa e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

Na foto desta información, xunto a Carmen, están sentadas a súa sobriña Mercedes e as nenas Candela e Iria, fillas de María Jesús Rodríguez (a sobriña-neta de Carmen), que está de pé xunto ao alcalde e as dúas concelleiras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *