Portada > Actualidad > Campaña municipal de poda das árbores urbanas

Campaña municipal de poda das árbores urbanas

O Concello da Laracha iniciou a campaña municipal de poda das árbores situadas en zonas urbanas co obxectivo de mellorar a estética de prazas públicas, protexer aos vehículos e viandantes de posibles desprendementos de ramas e manter nun estado óptimo as árbores semanas antes de que comece a primaveira.

As zonas de actuación son a praza do Concello e a praza Anselmo Graíño Calo (na que se sitúa a igrexa parroquial de Santa María de Torás) no casco urbano da Laracha, o campo da feira de Paiosaco e o Igrexario da parroquia de Lendo.

Se as condicións climatolóxicas son favorables, estes traballos completaranse antes de que remate o mes de febreiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *