Portada > Actualidad > “Caión a bocados”: a ruta de tapas abre a temporada de verán

“Caión a bocados”: a ruta de tapas abre a temporada de verán

No Arquivo da Pesca de Caión, ven de presentarse a primeira edición da ruta de tapas “Caión a bocados”.

“Caión a bocados” celebrarase a fin de semana do venres 8 ao domingo 10 de xuño de 2018.

Os establecementos que forman parte do programa: Café Bar Zarra, Restaurante O’Muíño, Restaurante Porta Caeli, Restaurante Parrillada Beiramar, Café Asteria e Furna Atlántica ofrecerán ao público elaboracións realizadas con produtos do mar ao prezo de un euro o venres (de 20:00 a 23:30 h) o sábado (de 12:30 a 14:30 e de 20:00 a 23:30 h) e o domingo (de 12:30 a 14:30 h).

Para amenizar as xornadas, o venres e o sábado haberá ruadas nocturnas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e o domingo a mediodía, teatro de rúa na praza Eduardo Vila Fano con Saaabor!, un espectáculo familiar da compañía Culturactiva e protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez.

Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, mostrouse satisfeito pola posta en marcha desta “iniciativa que tiñamos moitas gañas de facer en Caión” e agradecido aos hostaleiros porque “sen a implicación do sector non se podería levar a cabo”. O rexedor local considera que “por tratarse do arranque do verán esta é unha data ideal para atraer turistas e visitantes e que vexan as oportunidades e os bo servizo que se ofrecen en Caión”.
L

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *