Portada > Actualidad > As brigadas municipais de limpeza acondicionan o entorno do Anllóns

As brigadas municipais de limpeza acondicionan o entorno do Anllóns

O Concello da Laracha, este mes de setembro de 2018, está a desenvolver labores de limpeza e acondicionamento no entorno do río Anllóns, actuacións que están a ser executadas  polas brigadas medioambientais municipais.

O obxectivo é poñer en valor estas áreas de especial riqueza natural e paisaxística da zona interior da
Laracha.

Os labores que se están a realizar consisten, esencialmente, na eliminación da maleza nas inmediacións do río para facilitar o tránsito a pé e a limpeza integral do lixo e da materia vexetal.

As cuadrillas municipais xa acometeron estes traballos na marxe dereita do tramo do río de 6 quilómetros de distancia que vai desde Os Muíños de Coiro e ata A Balsa (Vilaño).

Os traballadores municipais que están a realizar estas actuacións no río Anllóns foron contratados polo Concello da Laracha no marco do programa de integracións laboral (PIL), que se desenvolve en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Por tanto, estase alcanzando o dobre obxectivo de levar a cabo proxectos de interese xeral para a veciñanza e, ao mesmo tempo, crear postos de traballo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *