Portada > Actualidad > Amigos de Galicia axuda a máis de 80 persoas na Laracha

Amigos de Galicia axuda a máis de 80 persoas na Laracha

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha e Jesús Busto, director xeral da Fundación Amigos de Galicia, asinan o convenio.

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Jesús Busto, director xeral da Fundación Amigos de Galicia, asinan o convenio.

O pasado día 13 a Fundación Amigos de Galicia e o Concello da Laracha asinaron un convenio de colaboración a través do que se lle concede á entidade benéfica unha subvención nominativa (xa contemplada nos orzamentos municipais) por un importe de 5.000 euros.

Actualmente no termo municipal da Laracha hai 24 familias beneficiarias da actividade da Fundación Amigos de Galicia, ascendendo a 84 as persoas que son atendidas pola entidade, das cales 34 son menores de idade. En total repártense cada mes en torno a 900 quilos de alimentos.

Recollida de roupa e tapóns de plástico

A cooperación entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia posibilitou poñer en marcha outras iniciativas solidarias que se están a desenvolver de xeito continuado.

Por unha parte, realízase a campaña de recollida de roupa usada, que posteriormente é seleccionada e repartida a familias de toda Galicia con baixos recursos económicos. Os lugares nos que as persoas que o desexen poden deixar a roupa de vestir ou de cama da que queiran desfacerse son o novo edificio administrativo (en horario de 9 a 14 horas) e o edificio de servizos múltiples (de 11 a 13 horas pola mañá e de 15.30 a 20 pola tarde).

Por outra parte, tamén está en marcha a iniciativa da reciclaxe de tapóns de plástico. Na entrada da Casa do Concello e noutros edificios municipais están dispoñibles os recipientes nos que pode depositarse o material, que despois se emprega para o financiamento de fins solidarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *