Portada > Actualidad > Alumnos do CEIP de Caión participan nunha xornada de limpeza simultánea de praias en Galicia

Alumnos do CEIP de Caión participan nunha xornada de limpeza simultánea de praias en Galicia

O sábado 19 de outubro (2018), o CEIP de Caión sumouse a iniciativa de ADEGA de limpeza simultánea de praias en varios puntos de Galicia.

CEIP Caión

Fontes do colexio apuntan “Ante o problema que está a supoñer a contaminación dos nosos martes polo vertido indiscriminatario de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o más próximo, o que ven cada día”.
Desde o CEIP de Caión coordinaron a diversas asociacións e empresas que teñen vinculación co mar de Caión “quenes non dubidaron en acudir á chamada” dos alumnos do CEIP. Tamén estivo o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha, vecinos da vila e o Concello da Laracha facilitou os medios e materias precisos para que a limpeza se fixera de xeito seguro e eficaz.
Na xornada retiráronse da praia:
  • 1289 pezas de plástico e microplásticos
  • 116 tapas e tapóns de plástico
  • 175 bolsas, envoltorios e patos de chuches
  • 136 cordas e cordeles
  • 357 cabichas
  • 75 pezas de vidro
  • 26 obxectos e artes de pesca
  • 27 papel de aluminio, etc.

A basura enviouse ao punto limpo da Laracha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *