Portada > Actualidad > Almuiña visita as obras da ampliación do centro de saúde da Laracha

Almuiña visita as obras da ampliación do centro de saúde da Laracha

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta nova instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados construídos e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias. A nova instalación permitirá liberar os espazos do centro de saúde para cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria..

A mellora e modernización das infraestruturas en atención primaria é unha prioridade para a Xunta de Galicia, segundo manifestan desde o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña.

O prazo de execución da obra é de nove meses

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *