viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > O Alcalde estrea ruta ao centro da Coruña

O Alcalde estrea ruta ao centro da Coruña

Bus desde A Laracha ao centro Coruña

Desde o 26 de febreiro de 2018, os autobuses do Plan de Transporte Metropolitano que cobren a ruta A
Laracha-A Coruña rematan o seu traxecto no centro da cidade herculina.

Trátase dunha
medida impulsada pola Xunta de Galicia e os Concellos participantes no Plan que ten por
finalidade mellorar o servizo e facilitar aos usuarios un transporte máis cómodo e rápido apuntos estratéxicos como a Praza de Pontevedra, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e estación de autobuses.

Na primeira xornada desde novo recorrido, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela estrenou autobús para realizar a ruta e coñecer de primeira man a valoración do novo servizo por parte dos seus usuarios.

O alcalde da Laracha destacou que esta medida supón unha aposta decidida por potenciar o transporte público, que se suma aos importantes descontos no prezo do billete de autobús que se vén aplicando desde hai varios anos aos beneficiarios do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña.

.

+Información: https://www.xunta.gal/notas-de- prensa/-/nova/28534/xunta- pon-servizo-
dezasete-novas- linas-coa- segunda-fase- plan-acceso- dos-buses

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *