lunes, noviembre 20, 2017
Portada > Actualidad > Afaber certifica á Laracha como “localidade solidaria co Alzheimer”

Afaber certifica á Laracha como “localidade solidaria co Alzheimer”

A Laracha, localidade solidaria co Alzheimer

A Laracha, localidade solidaria co Alzheimer

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Rocío López, concelleira responsable da área de servizos sociais, recibiron o 11 de novembro, de mans de Jesús Villar, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (AFABER), o certificado de Concello declarado solidario co alzheimer.

En setembro de 2012, o Concello da Laracha aprobou no Pleno da Corporación municipal a declaración institucional segundo a cal mostraba a súa solidariedade coas vítimas desta enfermidade e as súas familias. Iso implicou apoiar a iniciativa promovida pola Federación de Asociaciones Gallegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias (FAGAL) para a posta en marcha de medida especificamente dirixidas a paliar os efectos do alzheimer e tamén o desenvolvemento de accións de sensibilización relacionadas con este problema sociosanitario.

Ao longo destes anos, e sempre coa colaboración de AFABER, no Concello da Laracha leváronse a cabo iniciativas como sesións informativas nas que se axudaba a detectar os primeiros síntomas da enfermidade, así como un curso dirixido a coidadores de persoas con alzheimer co propósito de compartir experiencias e ofrecerlles pautas positivas para afrontar o seu labor.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *