Martes, Septiembre 19, 2017
Portada > Deportes > Adrián e as súas bicis de bambú

Adrián e as súas bicis de bambú

Máis información sobre as bicicletas de bambú en 7varas.com

No taller do artesán Adrián Fraga en Soandresloitan por combater esta afirmación e ofrecer á cidadanía bicicletas personalizadas, ecolóxicas, sostibles, duradeiras e únicas.

Sete son as varas que compoñen o cadro de calquera bicicleta. Maisneste caso as varas non son de metal senón de bambú. Vehículos construidos coas mans e con paixón, a de Adrián pola bicicleta. Isto da lugar a un proxecto que se convertenunha representación en forma de bicicleta da defensa da natureza e a inquedanza por transformar a nosa forma de movernos polo mundo.

 

Cómo nace este proxecto?

Son varios os factores que fixeron que nacera este proxecto. O primeiro, e seguramente máis importante, é a afección á bicicleta. Non sódunxeito deportivo senóntamén como fármaco desestresantee vehículo de exploración. Se a istolle sumas a miña formación como enxeñeiro mecánico e a admiración pola bicicleta como máquina, capaz de transformar o movemento circular das nosas pernas nunmovemento lineal capaz de acercar áspersoas, fai que te preguntes como é que non naceu antes.

Qué fai do bambú un material tan interesante para a creación, en concreto, de bicicletas?

A pesar das súas estupendas propiedades físicas o material bambú segue a ser,aínda a día de hoxe, un gran descoñecido no noso país. Ademáis de ser un material lixeiro o seu perfil circular ococonfírelleunha resistencia extraordinaria. Hai que destacar tamén a fantástica capacidade para absorver as vibracións. Esto fai que sexa un material idóneo para a construción de bicicletas.

Para darlle valor aoteutraballo artesanal, cómo se contrúe e canto tardas en facerunha bicicleta?

O proceso comeza na mesa de debuxo, definindo a xeometría da bicicleta en cuestión. Unha vez trasladadas esas medidas á mesa de traballohai que escoller as cañas máisaxeitadas para cada parte e estas son cortadas a medida. Logo de presentar cada caña no seu sitio é hora de facer as unións. Para iso utilizamos fibras de cáñamo ou sisal impregnadas en resina epoxi e vamos envolvendo as pezas a unir, de tal xeito que ditas fibras queden sempre en tensión. Toca darlle o acabado final, lixa, moitalixa, berniz e unhamontaxe que non desmereza o traballoempregado na sua creación. O proceso total anda entorno a unhas 60 ou 70 horas, dependendo da complicación de cada modelo.

Falas de bicis personalizadas, taméntendo en conta a anatomía de cada persoa?

O grado de personalización destas bicicletas é moi alto, dende o tipo de bici, a xeometría, a montaxe, ata a cor das unións, tipo de cañas oumesmo o gravado do teunome. Así que aproveitando a flexibilidade que nos da o proceso constructivo facemos as bicicletas en función das proporcións da persoa que a vaia a montar.

Qué parte é máis satisfactoria, contruilasou rodar con elas?

Cada parte ten o seu aquel, cando estamos facendonelasdesexamosrematalas canto antes para poder probalas, mais cando estamos encima delas non paramos de pensar en cómo será a seguinte para poder voltaró taller. O punto medio, cando acabas de montala e a sacas á luz do día para sentarte e contemplala un anaco, un anaco longo moitas veces, quizaissexa para min o momento de máis “subidón”.

Cres que se debería educar e fomentar no uso da bici en cidade?

Está demostrado que os desprazamentos urbanos de menos de 5km en cidades medianas son mais rápidos en bici que en coche, por non falar do aforro económico, do medio ambiental e da mala ostia que aforras ó non ter que buscar para aparcar. Ofeito de andar en bici fai que o corpo humano segregue endorfinas, coñecidas como “hormonas da felicidade”. A máisde un non lle viña mal darlle un pouco de pedal despois de traballar. É necesariaunha educación de base sobre o uso da bicicleta e sobre a convivencia con vehículos motorizados, que tanto se bota de menos e que tantos disgustos nos da.

A OMS fala dun futuro con cidades pacificadas e case sen motores, o ves factible?

A curto e medio prazo son escéptico neste tema. Mal que nos pese, non estamos o suficientemente educados nos desprazamentos urbanos e aínda somos motor-dependentes. Os gobernos deberían de empezar por esixir que os transportes públicos estivesen adecuados para transportar as bicicletas dos seus usuarios e os cidadáns comprometerse co uso do transporte público.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *