viernes, 21 septiembre, 2018
Portada > Actualidad > Abono do imposto de circulación

Abono do imposto de circulación

O mércores día 16 de maio de 2018, remata o prazo para o abono no período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (imposto de rodaxe).

O Concello da Laracha ten delegada a xestión deste cobro na Deputación Provincial da Coruña e neste ano producíronse incidencias no envío por correo ordinario dos recibos aos propietarios dos vehículos.

Desde o Concello  infórmase a aquelas persoas que non teñan domiciliado o imposto de rodaxe e que non recibiran na súa vivenda o documento para facer efectivo o abono, que nas oficinas municipais teñen a posibilidade de obter unha copia do mesmo. Non aboar o imposto durante o período voluntario supón un recargo no seu importe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *