Portada > Actualidad > A Laracha é un municipio que non presenta especiais problemas de seguridade

A Laracha é un municipio que non presenta especiais problemas de seguridade

junta-local-webO salón de plenos do Concello da Laracha acolleu o 25 de xaneiro a reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, que estivo copresidida polo Subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, Jorge Atán Castro, e o Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela. Esta foi a primeira reunión da Xunta Local de Seguridade xa adaptada ao novo regulamento, tal e como foi aprobado na sesión celebrada no mes de xullo, o que posibilitou que acudisen como membros propios, ademais do seu secretario: Eva Vázquez, vicesecretaria xeral da Subdelegación do Goberno; Sergio García, cabo do posto da Garda Civil da Laracha;  José Manuel Casas, tenente da Garda Civil de Carballo; Roberto Pampín, tenente de Tráfico da Garda Civil; José Antonio Arcas, xefe da Policía Local da Laracha; Antonio Nieto, Inspector Xefe do Corpo Nacional de Policía adscrito á Policía Autonómica; Antonio Fraga (PP), Juan Manuel Ramos (PSOE) e Carolina Castiñeiras (BNG), como membros da Corporación municipal e nomeados polo Alcalde. Tamén foi convidada a participar a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, Ana Aldao.

A reunión xirou en torno aos dous temas da orde do día, referidos á situación actual da seguridade cidadá e da violencia doméstica e de xénero. No primeiro dos casos, o cómputo global de 2012 reflicte unha tendencia descendente con respecto ao ano anterior no número de infraccións penais, así como un incremento no esclarecemento dos delitos perpetrados no termo municipal. Estes positivos datos reafirman que o Concello da Laracha é un lugar seguro e tranquilo para os seus cidadáns.

En canto ao apartado de violencia doméstica e de xénero, os membros da Xunta Local de Seguridade repasaron os protocolos de colaboración e coordinación operativa das forzas e corpos de seguridade e das administracións referidos á asistencia, protección e seguimento dos casos que poidan detectarse. Neste sentido, subliñouse a importancia de que as vítimas desta lacra se sintan apoiadas por todos os sectores sociais e que se evite o silencio cómplice da veciñanza. O teléfono gratuíto 016 está a disposición delas para informarse e asesorarse sobre esta temática.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *