lunes, mayo 21, 2018
Portada > Actualidad > A Laracha e Cee traslandan en Madrid propostas para flexibilizar a adquisición das parcelas dos seus parques empresariais

A Laracha e Cee traslandan en Madrid propostas para flexibilizar a adquisición das parcelas dos seus parques empresariais

zaida-webO alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a alcaldesa do municipio de Cee, Zaira Rodríguez, desprazáronse  a Madrid para manter unha reunión con Lucía Morales, Directora xeral da Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES), na sede central deste organismo

Ambos rexedores municipais concertaron esta entrevista na capital de España para trasladar ao organismo dependente do Ministerio de Fomento as súas ideas e propostas dirixidas a potenciar as posibilidades de comercialización de terreos nos parques empresariais da Laracha e de Cee. Cabe lembrar que os dous polígonos foron promovidos Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), unha empresa pública participada nun 85% pola SEPES e no 15% pola Xunta de Galicia.

A principal conclusión foi a necesidade de atopar mecanismos de flexibilización á hora de financiar a adquisición das parcelas coa finalidade de dar facilidades ás numerosas empresas que mostraron interese por instalarse e investir tanto na Laracha como en Cee.

Acordouse, ademais, coordinar co Consello de Aministración de SEA unha serie de entrevistas con empresas interesadas en asentarse en Bergantiños e na Costa da Morte para estudar os seus plans de viabilidade e achegar posturas para facilitarlles a compra de terreo para o desenvolvemento da actividade industrial.

José Manuel López Varela e Zaira Rodríguez cualificaron esta reunión celebrada en Madrid como “moi positiva e satisfactoria”. Os rexedores municipais coincidiron en destacar a importancia de encher de actividade os parques empresariais para alcanzar o principal obxectivo da creación de emprego, do que se beneficiarían os veciños de ambos municipios de xeito directo –accedendo a un posto de traballo- ou indirecto –beneficiándose da repercusión na zona do incremento da actividade económica-.

Os polígonos industriais da Laracha e de Cee, promovidos por SEA, son, polas súas especiais características, comunicacións viarias, situación estratéxica, servizos e bonificacións económicas que poden aplicarse ás empresas que se asenten nos mesmos, dúas das mellores posibilidades de inversión na zona norte da provincia da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *