miércoles, abril 25, 2018
Portada > Deportes > A Escola Laracha Basket renova o convenio de colaboración

A Escola Laracha Basket renova o convenio de colaboración

Convenio Laracha Basket Xiria

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk, asinaron o 27 de marzo de 2018, a renovación do convenio de colaboración
entre as dúas partes que ten por obxectivo potenciar e promocionar no municipio a práctica deportiva e do baloncesto.

No acto tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e Sito en representación do Laracha Basket Xiria, a sección propia no noso municipio coa que esta entidade, que é referente no baloncesto en Bergantiños e na Costa da Morte, está a complementar e profesionalizar a oferta no baloncesto de base na Laracha.

Segundo se establece no acordo, o Concello continuará asumindo o cincuenta por cento do custo da cota mensual de cada rapaz que forme parte do club e que ascende a trinta euros, polo que os participantes soamente deberán aboar quince euros mensuais. Ademais, seguiranse cedendo de xeito gratuíto as instalacións municipais necesarias para o desenvolvemento da actividade.

78 nenos e nenas se adestran e compiten en ligas federadas co Laracha Basket Xiria

Desde xeito o goberno local da Laracha volve mostrar a súa aposta decidida por promocionar os estilos de vida saudables e educar aos nenos nos eidos do esforzo, o sacrificio e a colaboración a través do baloncesto, como tamén se fai con outras disciplinas deportivas por medio das escolas municipais ou apoiando durante todo o ano aos diferentes clubs.

O Laracha Basket Xiria comprométese a realizar nos centros de ensino do municipio accións dirixidas a captar xogadores de entre 4 e 13 anos de idade e, en todo caso, a potenciar a práctica de calquera modalidade deportiva como actividade esencial para o desenvolvemento persoal. O convenio asinado tamén inclúe a cooperación co Concello na organización do Día do Deporte.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *