Portada > Actualidad > A asociación de veciños Campo da Feria de Paiosaco protesta ante ante a pasividade do Concello

A asociación de veciños Campo da Feria de Paiosaco protesta ante ante a pasividade do Concello

imglarachaA Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco remitiu ao Valedor do Pobo e ó Defensor del Pueblo sendos escritos denunciando a discriminación que senten estar a sofrir por parte Concello da Laracha, xa que din que ano tras ano denegan as subvencións solicitadas pola Asociación.

Nestes dous escritos exponse que a Asociación de Veciños presentou o pasado 20 de marzo alegacións ás bases da convocatoria pública das subvencións do concello da Laracha e que o concello non contestou ás alegacións,

Protestan de igual modo ante a paralización do proceso das subvencións até haber aprobado as bases definitivas. Isto mesmo sucedeu o pasado ano e o concello alegou que traspapelaran os papeis.

A Asociación protesta ante as razóns do concello para a denegación da subvencións. O concello e a Asociación non dan aclarado se o obxeto social principal e a realización de actividades coincide cos obxectivos que esixe a subvención. A Asociación afirma que coinciden os objectivos e as actividades e que se trata doutra forma maís de discriminación.

A Asociación califica ao Concello de Laracha de asociación ineficaz e pide que remate a discriminación da que din ser vítimas.

stanzol 10

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *