Portada > Actualidad > A Asociación de Pais discapacitados Físicos de Bergantiños clasificada primeira para a xestión do punto limpo

A Asociación de Pais discapacitados Físicos de Bergantiños clasificada primeira para a xestión do punto limpo

imglarachaA Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha clasificou o luns 25 de marzo as ofertas presentadas para a xestión das instalacións do punto limpo durante os próximos seis anos (catro prorrogables por outros dous máis) como un dos trámites previos á adxudicación do contrato.

O martes 19 a Mesa de Contratación valorou as ofertas, estando clasificada en primeiro lugar a presentada pola Asociación de Pais de Discapacitados Físicos de Bergantiños (ASPABER) por tratarse da máis beneficiosa para o Concello da Laracha; de ello se dará cuenta a la correspondiente Comisión Informativa, antes de la adjudicación del contrato por parte de la Junta de Gobierno.

A concesión da xestión do punto limpo da Laracha ten un orzamento total de 282.199,86 euros polos seis anos de duración do contrato e rexerase polo novo regulamento da instalación, cuxa aprobación definitiva será elevada ao Pleno ordinario da Corporación Municipal do mes de marzo.

A empresa concesionaria, ademais de atender as propias instalacións situadas no Formigueiro encargarase da xestión do material para a reciclaxe depositado nos colectores azuis de recollida selectiva papel e cartón. As melloras incluídas no novo regulamento son os servizos de recollida domiciliaria de voluminosos, a recollida de papel e cartón ao pé dos colectores (dirixido exclusivamente aos comerciantes) e a colocación de minipuntos limpos (recipientes para baterías ou pilas, por exemplo) nos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *