jueves, diciembre 14, 2017
Portada > Uncategorized > 5º Feira multisectorial e oportunidades da Laracha

5º Feira multisectorial e oportunidades da Laracha

Feria multisectorial Laracha

A 5º edición da Feira Multisectorial de Oportunidades que organiza a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL) en colaboración co Concello desenvolverase na fin de semana do 11 e 12 de novembro de 2017 nas instalacións do pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís.

As instalacións ten capacidade para máis de 50 postos.  A presidenta de ACSIL, Concha Iglesias, móstrase ilusionada por alcanzar a 5º edición e satisfeita do traballo realizado nos 4 anos anteriores.

A feira xa é todo un acontecimento na comarca. Se espera que a afluencia como cada edición sexa fluida e constante.Os visitantes teñen tempo para ver, pasear e coñecer os servicios e productos da zona así como para facer as súas compras, incluso anticipar as de Nadal.

O comercio local estos días se expón ó público de un xeito diferente, máis próximo se cabe.

 

Sorteos

Un aliciente máis da feira, cada ano, son os numerosos sorteos que se celebran en directo. Os comerciantes vólcanse con os veciños para que a Feira Multisectorial e Oportunidades poña esa nota de alegría á hora de consumir o que necesitamos.

Xa en anteriores edicións, Concha Iglesias, presidenta de ACSIL destacou que a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha quere sumarse a facer do Concello un referente comercial por el que os veciños non teñan que sair fora a facer as súas compras.

A Laracha é un concello activo, con comercios modernos e esta 5º edición é unha boa oportunidade para acercarse a coñecelos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *