sábado, julio 21, 2018
Portada > Actualidad > 47 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano na Laracha

47 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano na Laracha

O alcalde, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, presentaron o 6 de xullo de 2018, no Salón de Plenos do Concello da Laracha, a campaña de verán de doazón de sangue que, un ano máis, contará co impulso e a colaboración municipal.

Segundo os datos achegados por ADOS, o Concello da Laracha mantense entre os municipios con maior taxa da comarca de Bergantiños, situándose nas 47 doazóns por cada mil habitantes e ano, atopándose dentro das recomendacións da Organización Mundial da Saúde e por riba da media da provincia da Coruña (45).

José Manuel López Varela agradeceu que ADOS escollese un ano máis A Laracha para presentar a campaña de verán, agradeceu a solidariedade da veciñanza e animou aos laracheses a “facer este pequeno pero importante esforzo para salvar vidas”.

O rexedor  mostrou a plena disposición do Concello para colaborar con ADOS, lembrando que está en marcha unha campaña informativa que inclúe buzoneo -repartiranse en torno a dúas mil cartas nas vivendas-, bandos municipais e difusión nas redes sociais, web municipal e pantallas informativas.

Marisa López agradeceu a implicación do Concello da Laracha “na colaboración nesta campaña e durante o ano en todos os ámbitos”, destacando que é “pioneiro no emprego das redes sociais municipais para darlle visibilidade ás nosas iniciativas”. Tamén salientou que “A Laracha é un concello moi activo e solidario” e avanzou que “os datos do primeiro semestre deste ano melloran aos de 2017”, polo que mostrou o seu agradecemento á veciñanza.

A directora de ADOS referiuse ao grupo A- como o que conta con menos reservas agora mesmo. Tamén fixo un  , xa que “as reservas están bastante baixas”. Precísase da solidariedade da xente porque “nós temos que estar sempre preparados para dar resposta ás necesidades”, que aumentan durante o verán.

Como perfil tipo de doante, Marisa López apuntou que a nivel estatístico destacan os varóns de 42 anos de idade. Non obstante, asegura que nos últimos anos “houbo un importante repunte de mulleres” e que se está a facer un esforzo entre a mocidade para captar novos doantes que, por norma xeral, “os que veñen, repiten”.

Co propósito de facilitar e promover a doazón de sangue no municipio, todos os meses do ano desprázase ata a Praza do Concello da Laracha unha unidade móbil de ADOS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *