sábado, julio 21, 2018
Portada > Actualidad > O 22º Rallye A Coruña pasa polo Concello o sábado

O 22º Rallye A Coruña pasa polo Concello o sábado

A vixésimo segunda edición do Rallye A Coruña disputarase durante a tarde do sábado 24 de febreiro de 2018. Esta edición conta con 111 participantes inscritose trátase dunha competición de referencia autonómica ao ser a primeira puntuable para o Campionato Galego de Rallyes do 2018.

O tramo C, que será o terceiro cronometrado, discorrerá, en parte, polo Concello da Laracha, concretamente pola estrada municipal que comunica Boedo (Culleredo) co núcleo larachés de Vista Alegre (parroquia de Soandres) e ata o cruce coa DP-1913 nas inmediacións da canteira (preto, tamén, do núcleo de Santa Baia).

A distancia total do tramo cronometrado é de 9.470 metros, dos cales preto de un quilómetro e medio pertencen a territorio larachés. Ao longo da xornada os participantes pasarán en dúas ocasións por este lugar, estando programada a saída do primeiro coche ás 16:40 e ás 19:20 horas.

Por este motivo, e por razóns de seguridade, permanecerán cortadas ao tráfico entre as 15:30 horas e ata as 21:30 horas as seguintes estradas larachesas:

– Tramo Santa Baia-Canteira da estrada DP 1913.

– Tramo Vista Alegre-Condesuso da estrada local que comunica a AC 523 con Paiosaco.

– Estrada local Boedo-Vista Alegre.

– Estrada local que comunica Vista Alegre coa DP 1913.

– Todos os accesos ao tramo C do rallye.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *